martes, 27 de septiembre de 2011

COMENIUS: WE GO FOR A GREEN WORLD









Comeza o curso 2011/2012 no que participaremos nun proxecto Comenius, xunto con escolas de
Alemania, Suiza, Reino Unido e o Colexio Alemán de Tenerife.
O tema é o medioambente e o seu cuidado: "We go for Europe.We go for a green world".
En canto teñamos a web do proxecto teredes eiquí un link.
Chamamos a toda a comunidade Froebel a participar nesta aventura.

E benvidos ao Museo un curso máis!!

miércoles, 11 de mayo de 2011

VISITA INTERNACIONAL



A semana pasada recibimos a visita dun grupo de profesores de Finlandia, Eslovenia, Turquía e Italia. Participan nun proxecto Comenius co colexio de Verducido e viñeros ver a nosa escola e as aulas Abalar.

martes, 10 de mayo de 2011

PREMIOS EDUCACIÓN VIAL




Os nenos e nenas de 5º curso acudiron ao Pazo da Cultura para estar na gala das Xornadas de Educación Vial deste curso. Alí aplaudiron ata escachar á súa compañeira Ana Cespón Balboa, que obtivo un premio no concurso de redacción.: unha fermosísima bicicleta que lle foi entregada polo mesmísimo alcalde da cidade.

jueves, 24 de marzo de 2011

COS ITALIANOS EN SANTIAGO



Así de tranquiliños, no interior da catedral, posaron os nenos italianos e os nosos durante a visita a Santiago de Compostela.

BENVENUTI


Démoslle a benvida aos amigos da Escola Cavour cun acto no patio da escola. Houbo música e baile e ata unha canción en italiano na súa honra.

XOGOS POPULARES NA ALAMEDA


Os alumnos de 4º participaron na I Xornada dos ENDL do Concello. Durante a mañá do día 21 de Marzo xuntáronse con compañeiros doutros centros na alameda da nosa cidade para compartir xogos populares coma a pentanca, malla, pano, trompo, peletre, etc. http://www.blogoteca.com/nlcampolongo/index.php?cod=95689

miércoles, 8 de diciembre de 2010

ILLA DAS ESCULTURAS-VISITA GUIADA




O venres día 26 de Novembro os alumnos de 5º visitaron a Illa das Esculturas. Puideron recibir información sobre as instalacións alí presentes e, á volta, fixeron unha valoración da saída.