jueves, 24 de marzo de 2011

COS ITALIANOS EN SANTIAGO



Así de tranquiliños, no interior da catedral, posaron os nenos italianos e os nosos durante a visita a Santiago de Compostela.

BENVENUTI


Démoslle a benvida aos amigos da Escola Cavour cun acto no patio da escola. Houbo música e baile e ata unha canción en italiano na súa honra.

XOGOS POPULARES NA ALAMEDA


Os alumnos de 4º participaron na I Xornada dos ENDL do Concello. Durante a mañá do día 21 de Marzo xuntáronse con compañeiros doutros centros na alameda da nosa cidade para compartir xogos populares coma a pentanca, malla, pano, trompo, peletre, etc. http://www.blogoteca.com/nlcampolongo/index.php?cod=95689