martes, 15 de diciembre de 2009

VIVA A BANDA!

Con entusiamo e ilusión acolleron os nenos do noso cole a presenza da Banda de Música da Escola Naval Militar. Agasalláronnos cun programa que mesturaba música popular e panxoliñas, con pezas que foron coreadas polos cativos e desfrutadas por todos os presentes.
Un ano máis, dámoslle as grazas a estes artistas e á Escola Naval pola súa colaboración.

sábado, 12 de diciembre de 2009

CIENCIA DIVERTIDA







Un curso máis, recibimos a visita dos nosos amigos do programa "Ciencia Divertida". Algún dos obradoiros que trouxeron desta volta:"Fábrica de aromas" (I5), "Mulleres científicas"(3º), "Efecto invernadoiro" (4º), "Gripe A" (6º).

miércoles, 9 de diciembre de 2009

MÚSICA, MAESTRO



Velaí algúns dos instrumentos musicais que fixeron os nosos "luthiers" de 5º e 6º (tamén algún de 4º). Empregaron materiais de refugallo e todos producen sons, que son máis ou menos armoniosos dependendo do executante...

miércoles, 25 de noviembre de 2009

CHOVE NA CASA DO POBRE






... e no noso cole tamén chove. Un inverno máis, as chuvias poñen á nosa disposición unha pequena piscina no patio, cortesía dun tellado que, polo visto ata agora, deber ser moi, moi difícil de arranxar. Os charcos no corredor tamén fan doada a práctica do patinaxe artístico, polo que Dª Loli, a profe de Ed. Física, está de noraboa por partida doble. Cómpre recordar que este blog
escríbese dende unha vila dun país europeo e no ano 2009. Por se acaso...

UN DÍA NAS DUNAS DE CORRUBEDO



O martes 24 os alumnos de 5º curso foron ata Corrubedo, onde participaron nunha xornada de educación medioambiental. O tempo acompañou e non tiveron que sacar os paraugas.

lunes, 23 de noviembre de 2009

MAGOSTO


O venres 13 celebramos o Magosto no colexio. Foi o remate dunha semana adicada ao Outono e sen libros de texto. Houbo música, xogos, risas e, por suposto, castañas.

viernes, 6 de noviembre de 2009

O foxo do lobo

On Friday 30th October, we went on a school excursion with the class of level 6. We arrived at a village where a guide taught us about a cross and a mill and an excavation. Later we went on a walk in the forest. Then we had lunch and we returned to the forest to visit the house of the wolf. For us it was a nice day but for Patricia a little bit less because her camera fell in the river.

Víctor, Fran, Mario, Michael y Rodrigo
El viernes 30 de octubre, fuimos a una excursión del colegio con la clase de sexto. Llegamos a un pueblo donde un guía nos enseñó un crucero, un molino y una excavación. Luego hicimos una ruta por el bosque. Más tarde comimos y volvimos al bosque otra vez para visitar el ‘foxo do lobo’. Para nosotros fue un dia divertido pero para Patricia un poco menos por que se le cayó la cámara al río.

martes, 27 de octubre de 2009

Estreámonos co SAMAÍN.
















Somos os toliños de educación infantil da nosa escola. Sempre andamos a enredar. Agora est amos a enredar coas cabazas. As familias colaboran enchendo a exposición con cabazas decoradas con elementos e personaxes das cidades: semáforos, rúas, coches, rañaceos, bombeiros, carteiros,etc.

O tema deste ano enlaza co proposto para o Salón do Libro: As cidades.

Velaí as obras de arte. Xulgade vós mesmos. Gracias a todos os papás e as mamás.

miércoles, 21 de octubre de 2009



Hola, son Lorena e este e o meu colagge.Fixeno na clase de Plástica e quere representar comer san e a facer exercicio.

Hola,soy Elisa y soy la que aparece en la foto.
Lo que tengo en mi mano es un dibujo con recortes en el que represento unas muñecas con diferentes estilos de caras y de ropa.Lo hicimos en la clase de Plástica.Mi obra se llama "¿Y por que no?" y representa que la gente puede ir como le de la gana sin que nadie se ria de él porque nuestra ropa representa mucho de lo que somos.

jueves, 15 de octubre de 2009