miércoles, 8 de diciembre de 2010

ILLA DAS ESCULTURAS-VISITA GUIADA




O venres día 26 de Novembro os alumnos de 5º visitaron a Illa das Esculturas. Puideron recibir información sobre as instalacións alí presentes e, á volta, fixeron unha valoración da saída.

CHARLA NAVEGACIÓN SEGURA






O pasado día 1 de Decembro, os alumnos/as de 5º curso recibiron formación sobre a navegación segura na web. Esta conferencia enmárcase dentro do Programa Abalar para o alumnado de este
curso.

domingo, 14 de noviembre de 2010

MAGOSTO 2010





O pasado venres día 12 de novembro celebramos o Magosto. Cariñas pintadas de cinza, cucuruchos, xogos e música... e unha boa cesta de castañas!.

sábado, 30 de octubre de 2010

O SAMAÍN EN INFANTIL


Os máis pequenos do Cole celebraron un Samaín moi divertido e amosaron os seus traballos no corredor de entrada do centro. Aí tendes unha pequena mostra.

MÚSICA ANDINA NO PAZO


Escomenzamos os posts deste curso cunha saída dos nenos/as de 5º curso ao Pazo da Cultura. Alí participaron nunha sesión musical co grupo "Sacapatú", que levounos nunha viaxe pola cordillera dos Andes e as música que dende aló lles traían.

martes, 11 de mayo de 2010

CORRELINGUA 2010




Os nenos de 3 e 5 anos, xunto cos de 6º de primaria representaron ao colexio nunha nova edición do Correlingua. Mobilizados pola nosa lingua, participaron nunha pequena marcha, cantaron e bailaron un pouco e pasárono moi ben cunha obra de teatro. Houbo tamén malabares e xigantes e dragóns e risas e ledicia dabondo.




martes, 4 de mayo de 2010

AÍ VEN O MAIO

A coroa e o maio do Colexio, que obtivo o 2º premio de interpretación nunha primaveral mañá de sábado na praza da Ferrería. Congratulations!.


domingo, 25 de abril de 2010

PREMIOS DO DÍA DO LIBRO

Entrega de premios do concurso de contos celebrado con motivo do Día do Libro. Houbo diplomas para todos os participante e léronse os relatos dos premiados nas distintas categorías.

CAE O TEITO


Os galos da aldea de Asterix só tiñan medo a que o ceo se desplomara sobre as súa cabezas. Se andiveran polo noso colexio, terían motivos para a desconfianza. Hai uns días, un ruido na segunda planta anunciou a caída de boa parte do teito no corredor que une as aulas de 4ºA e 5ºB. Por sorte, non había por alí ninguén. Agora as autoridades están a falar de arranxar o tellado dunha vez e bla, bla, bla... Non faremos máis comentarios. Esperaremos cos ollos ben abertos.

lunes, 19 de abril de 2010

O GRUPO DE 6º VAI POLO RÍO





Pois si, os rapaces/zas de 6º participaron o venres 16 dunha mañá fluvial. Tratábase dun percorrido polo río Gafos amenizado polas explicacións de Pablo e Manolo, os dous membros do colectivo "Vaipolorío" que fixeron de guías na visita. Foi unha boa pateada pero pagou a pena comprobar "in situ" a beleza dos noso lares... cando os coidamos como merecen.

martes, 23 de marzo de 2010

II OLIMPIADA CULTURAL




Estase a celebrar no cole a 2ª edición da Olimpiada Cultural, unha iniciativa da ANPA do centro. Os participantes, en grupos, teñen que responder a cuestións e adiviñas, facer traballos e tarefas. Conséguese poñer en xogo tódolos ambitos da aprendizaxe dun xeito significativo e dinámico. Desta volta hai 18 grupos apuntados.

domingo, 21 de marzo de 2010

CATANIA É TERRA MEIGA



Un ano máis, e van once!, o CEIP FROEBEL recibiu a vista dun grupo de nenos e profes chegados de Catania, Sicilia, Italia. Pronto outro grupo devolveralles a visita. Nesta fotos
podedes ver mesturados a galegos e cataneses diante da catedral de Santiago e enriba
dela, concretamente, nas cubertas.

lunes, 8 de marzo de 2010

OS AUTORES FORON TRES


Un tellado en mal estado, as chuvias e a deixadez das autoridades pintaron esta "paisaxe" na aula de 6º. Alí quedaron, alí están, os tres autores retratados.

EU LEO, TI LES, EL LE ...



Queremos dar as grazas dende o blog aos pais e nais que compartiron lecturas con nós. Foi dentro das actividades programadas polo Equipo de Biblioteca dentro do Plan Lector.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que os nenos seguiron con ilusión. Outra vez, grazas polo voso tempo e colaboración.

martes, 16 de febrero de 2010

lunes, 8 de febrero de 2010

DÍA DA PAZ (III)

data="http://sites.google.com/site/omuseodasideasflash/d%C3%ADadapaz.swf"1200" height="1000">

sábado, 30 de enero de 2010

DÍA DA PAZ (II)




venres 29.chove.concentración pola paz na ferrería.chove.saímos do cole: os maiores levan cadanseu cativo da man.chove.mil e pico nenos na praza.sopramos todos para mover as nubes.segue o acto.non chove.lénse poemas, proclamas, comunicados: solidaridade con haití.cantamos "irmaus".non chove.iniciamos a marcha polas rúas.a xente párase a mirar.a xente párase a sorrir.non chove.voltamos á praza.sóltanse pombas, ábrense (máis) os ollos dos nenos.entréganse as axudas recollidas nos centros.remata o encontro con aplausos.iniciamos o camiño de regreso ao cole.chove.

martes, 19 de enero de 2010

DÍA DA PAZ

O vindeiro día 30 de Xaneiro é o día escolar pola Paz e a Non Violencia, que se ven celebrando dende 1964. Con tal motivo, imos deixar aquí algúns links a sitios con información e recursos sobre o tema:

. Enrédate. Unicef
www.enredate.org/
• Sedupaz. Seminario de Educación para la Paz-APDH.
http://www.pangea.org/org/sedupaz/
• Seminario de Educación para la Paz de las Comarcas de Tarragona
http://www.fut.es/ agr/bienve.htm
• Seminario Galego de Educación para la Paz
http://www.sgep.org/
• Edualter. Iniciativa de coordinación e información sobre Educación para la Paz en Internet
http://www.pangea.org/edualter/
• CIP. Centro de Investigaciones por la Paz. Madrid
http://www.fuhem.es/portal/areas/paz/index.asp
• Amnistía Internacional (AI)
http://www.es.amnesty.org/
• Escuela cultura de Paz
http://escuelaculturadepaz.org/
Dende un dos centros que colaboran co Pland de Mellora de Bibliotecas Escolares de Galicia, ofrécennos tamén os seur recursos
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=77021

FESTIVAL DE NADAL

 As vacacións de Nadal chegaron precedidas do festival, no que os nenos e nenas poñen en xogo os seus talentos artísticos en eidos como a música, teatro, baile, mímica, etc. Pero, sobre todo, vívense momentos
de grande ledicia e diversión.


DECORACIÓN DE NADAL

Como ven sendo tradición no cole, con motido do Nadal os nenos, por cursos, decoraron a pizarra que ocupa unha parede enteira no patio de recreo. Esta efímera forma de arte serviu de decoración durante estes días. É o noso Nadal de xiz.