martes, 15 de diciembre de 2009

VIVA A BANDA!

Con entusiamo e ilusión acolleron os nenos do noso cole a presenza da Banda de Música da Escola Naval Militar. Agasalláronnos cun programa que mesturaba música popular e panxoliñas, con pezas que foron coreadas polos cativos e desfrutadas por todos os presentes.
Un ano máis, dámoslle as grazas a estes artistas e á Escola Naval pola súa colaboración.

sábado, 12 de diciembre de 2009

CIENCIA DIVERTIDA







Un curso máis, recibimos a visita dos nosos amigos do programa "Ciencia Divertida". Algún dos obradoiros que trouxeron desta volta:"Fábrica de aromas" (I5), "Mulleres científicas"(3º), "Efecto invernadoiro" (4º), "Gripe A" (6º).

miércoles, 9 de diciembre de 2009

MÚSICA, MAESTRO



Velaí algúns dos instrumentos musicais que fixeron os nosos "luthiers" de 5º e 6º (tamén algún de 4º). Empregaron materiais de refugallo e todos producen sons, que son máis ou menos armoniosos dependendo do executante...