domingo, 25 de abril de 2010

PREMIOS DO DÍA DO LIBRO

Entrega de premios do concurso de contos celebrado con motivo do Día do Libro. Houbo diplomas para todos os participante e léronse os relatos dos premiados nas distintas categorías.

CAE O TEITO


Os galos da aldea de Asterix só tiñan medo a que o ceo se desplomara sobre as súa cabezas. Se andiveran polo noso colexio, terían motivos para a desconfianza. Hai uns días, un ruido na segunda planta anunciou a caída de boa parte do teito no corredor que une as aulas de 4ºA e 5ºB. Por sorte, non había por alí ninguén. Agora as autoridades están a falar de arranxar o tellado dunha vez e bla, bla, bla... Non faremos máis comentarios. Esperaremos cos ollos ben abertos.

lunes, 19 de abril de 2010

O GRUPO DE 6º VAI POLO RÍO





Pois si, os rapaces/zas de 6º participaron o venres 16 dunha mañá fluvial. Tratábase dun percorrido polo río Gafos amenizado polas explicacións de Pablo e Manolo, os dous membros do colectivo "Vaipolorío" que fixeron de guías na visita. Foi unha boa pateada pero pagou a pena comprobar "in situ" a beleza dos noso lares... cando os coidamos como merecen.

martes, 23 de marzo de 2010

II OLIMPIADA CULTURAL




Estase a celebrar no cole a 2ª edición da Olimpiada Cultural, unha iniciativa da ANPA do centro. Os participantes, en grupos, teñen que responder a cuestións e adiviñas, facer traballos e tarefas. Conséguese poñer en xogo tódolos ambitos da aprendizaxe dun xeito significativo e dinámico. Desta volta hai 18 grupos apuntados.

domingo, 21 de marzo de 2010

CATANIA É TERRA MEIGA



Un ano máis, e van once!, o CEIP FROEBEL recibiu a vista dun grupo de nenos e profes chegados de Catania, Sicilia, Italia. Pronto outro grupo devolveralles a visita. Nesta fotos
podedes ver mesturados a galegos e cataneses diante da catedral de Santiago e enriba
dela, concretamente, nas cubertas.

lunes, 8 de marzo de 2010

OS AUTORES FORON TRES


Un tellado en mal estado, as chuvias e a deixadez das autoridades pintaron esta "paisaxe" na aula de 6º. Alí quedaron, alí están, os tres autores retratados.

EU LEO, TI LES, EL LE ...



Queremos dar as grazas dende o blog aos pais e nais que compartiron lecturas con nós. Foi dentro das actividades programadas polo Equipo de Biblioteca dentro do Plan Lector.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que os nenos seguiron con ilusión. Outra vez, grazas polo voso tempo e colaboración.