miércoles, 25 de noviembre de 2009

CHOVE NA CASA DO POBRE






... e no noso cole tamén chove. Un inverno máis, as chuvias poñen á nosa disposición unha pequena piscina no patio, cortesía dun tellado que, polo visto ata agora, deber ser moi, moi difícil de arranxar. Os charcos no corredor tamén fan doada a práctica do patinaxe artístico, polo que Dª Loli, a profe de Ed. Física, está de noraboa por partida doble. Cómpre recordar que este blog
escríbese dende unha vila dun país europeo e no ano 2009. Por se acaso...

No hay comentarios:

Publicar un comentario